Fios in Action!
Ola a toda a comunidade educativa do IES Breamo! Imos introducir o proxecto de Escola Verde que presentou o noso centro coa denominación Fíos in Action.
Qué é Fíos in Action?
No marco de Escola Verde, o IES Breamo impulsa o proxecto Fíos in Action, unha iniciativa inspiradora que involucra a estudantes, familias, profesorado e a comunidade local co obxectivo de concienciar sobre o impacto ambiental dos residuos téxtiles e fomentar a súa redución e reutilización. Este proxecto inclúe, entre outras, actividades diversas como:
- Obradoiros de reciclaxe e reparación de roupa.
- Campañas de sensibilización sobre a moda sostible e a reutilización.
- Colaboración con centros de maiores e asociacións locais, fomentando a aprendizaxe interxeracional.
- Creación de puntos de recollida de roupa usada no centro.
Por que é importante?
A industria téxtil é unha das máis contaminantes a nivel global. A través de Fíos in Action, queremos que o alumnado non só comprenda este problema, senón que tamén se converta en axente activo do cambio, propoñendo solucións innovadoras, aplicando prácticas sostibles e converténdose en exemplo para a comunidade.
Animámosvos a seguir este blog para descubrir máis sobre as nosas actividades, éxitos e retos. Xuntos, podemos transformar o noso entorno e avanzar cara a un futuro máis verde e sostible. Contamos con vós!
No comments:
Post a Comment