Tuesday, December 3, 2024

Benvidos ao blog do proxecta + Escola Verde do IES Breamo!

Benvidos ao blog do proxecta +  Escola Verde do IES Breamo! 




Neste espazo, imos compartir as nosas iniciativas e actividades orientadas a mellorar o comportamento ambiental da nosa escola e a concienciación sobre a sostibilidade. O programa Escola Verde é un esforzo conxunto que pretende fomentar a acción e a reflexión sobre os retos ambientais que afrontamos, e está orientado a que cada un de nós poida achegar o seu gran de area cara a un futuro máis sostible.


Que é Escola Verde?


Escola Verde é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que busca integrar a educación ambiental na vida diaria dos centros educativos. A través de accións prácticas e colaborativas, o programa pretende sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia do coidado do medio ambiente e promover cambios reais na nosa contorna. Pódense atopar máis detalles sobre este proxecto na súa web oficial.


Vinculación cos ODS da Axenda 2030


Escola Verde está vinculado cos  Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030 seguintes: 

ODS 13: Acción polo clima

ODS 6: Auga limpa e saneamento

ODS 7: Enerxía accesible e non contaminante

ODS 11: Cidades e comunidades sustentables

ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres


Participa e Implicáte!

Animámosvos a todos a seguirnos neste blog para estar ao tanto das nosas actividades, proxectos e eventos. Ademais, queremos escoitar as vosas ideas e propostas para seguir facendo do noso centro un exemplo de sostibilidade e compromiso co medio ambiente.


Xuntos podemos facer unha gran diferenza. Participa, aprende e axúdanos a construír un futuro mellor e máis verde! 





No comments:

Post a Comment

Grazas ao Racing de Ferrol e a Real Federación Española de Fútbol pola súa colaboración

  Grazas á Real Federación Española de Fútbol e ao Racing Club de Ferrol pola súa colaboración co proxecto Fíos in Action Desde o equipo de ...