O Equipo Escola Verde quere felicitar ao noso querido Luís Rodríguez Chacón, no ascenso á Segunda División do fútbol coa Cultural Leonesa.
Con traballo constante, humildade e unha paixón desbordante polo deporte rei, que o esforzo ten recompensa. É un exemplo para todos nós de compromiso e entrega.
O seu ascenso non só é merecido, senón tamén motivo de orgullo para todos os que o seguimos de preto.
En Segunda División, Luís terá diante de si rivais de alto nivel, estadios históricos e unha plataforma perfecta para seguir medrando como futbolista. Non temos dúbida de que deixará pegada tamén nesta nova etapa.
Desde aquí, enviámosche a nosa máis sincera noraboa.
Imos, Luís! A Segunda é só o comezo!
No comments:
Post a Comment