Tuesday, December 10, 2024

Convocatoria 2nd Breamo Ugly Xmas Jumper Contest

 


2nd Breamo Ugly Xmas Jumpers Contest

Chega o Nadal e con el... o 2nd Breamo Ugly Xmas Jumpers Contest! É o momento de poñer a voar a vosa creatividade e demostrar que a sostibilidade pode ser tamén divertida.


Que tedes que facer?

Este ano queremos dar un paso máis na nosa aposta pola sostibilidade. Por iso, animámosvos a decorar os vosos jerseys utilizando roupa ou materiais que xa teñades na casa. Nada de mercar decoracións novas! Podedes reutilizar teas, accesorios, ou calquera cousa que vos inspire para crear o jersey máis feo, creativo e orixinal de todo o IES.

Non importa se non é perfecto; importa que sexa único e sostible!


Cando e como participar?

🗓 Día: 20 de decembro
👕 Que facer:

  1. Traede o voso jersey posto durante todo o día para amosar o voso deseño sostible e creativo.
  2. Subide unha foto do voso jersey ao Padlet do concurso, que estará dispoñible a través dunha ligazón que compartiremos en clase e nos taboleiros do centro. Desta forma, poderemos crear unha galería virtual cos vosos deseños.

📸 Ao longo da xornada, sacaremos tamén fotos dos participantes e seleccionaremos aos finalistas.


Premios para os gañadores

O noso xurado valorará a creatividade, o uso de materiais reutilizados e, por suposto, o espírito navideño. Estes serán os premios:
🏆 1º premio: Un vale de 50 euros para Froiz.
🎁 2º premio: Un lote de xogos de mesa.
🎬 3º premio: Dúas entradas para o cine.


Por que participar?

Non só é unha oportunidade para divertirse, senón tamén para reflexionar sobre a moda sostible e como podemos reducir o noso impacto ambiental sen renunciar á diversión e ao espírito do Nadal.

Así que... imos aló! Buscade nos armarios, sacade as tesoiras e poñédevos mans á obra. Agardámosvos o día 20 co voso mellor (e máis feo) sorriso! 😊

A creatividade sostible é o noso mellor adorno este Nadal. Contamos convosco!



No comments:

Post a Comment

Novo contedor de roupa no IES:

  Novo contedor de roupa no IES: Reciclar tamén é vestir con conciencia Dende o pasado mes de marzo, o IES Breamo conta cun  contenedor de r...