Friday, December 20, 2024

Nadal sostible e solidario

 Fíos in Action: Un Nadal Sostible e Solidario 

 Este Nadal, no marco do proxecto Fíos in Action, o IES Breamo puxo a súa creatividade e talento ao servizo da sostibilidade e a solidariedade. Durante as últimas semanas estudantes de todas os níveis educativos dedicáronse a crear fermosos adornos de Nadal sostibles empregando teas, fíos, lanas e outros materiais reciclados. O obxectivo foi claro: demostrar que é posible decorar as nosas casas no Nadal sen xerar novos residuos.

Creatividade ao servizo do medio ambiente












Os adornos creados inclúen estrelas e campás de tela, bonecos de Nadal con fíos e outras creacións únicas e sostibles. O proceso foi unha lección práctica sobre a reutilización e a importancia de dar nova vida aos materiais que temos ao noso alcance.

Un mercadiño con moito corazón

Para culminar este proxecto, organizamos un posto solidario que converteu unhas xornadas chea de espírito navideño e participación, onde veciños do pobo, estudantes e profesorado uniron forzas por unha boa causa.

Impacto solidario

Os fondos recadados no mercadiño destinaranse as asociacións coas que colabora o centro neste curso académico. Deste xeito, o esforzo sostible dos nosos alumnos transcende o ámbito ambiental para converterse nun xesto solidario que beneficia á nosa comunidade.

Grazas pola vosa colaboración!

Queremos dar as grazas a todos os que participaron, xa sexa creando adornos, comprando no posto ou simplemente compartindo esta experiencia. Xuntos demostramos que o Nadal pode ser sostible e solidario sen perder a súa maxia.

Seguimos avanzando co proxecto Fíos in Action, porque cremos firmemente que pequenas accións poden xerar grandes cambios.


Bo Nadal sostible e solidario a todos! 

No comments:

Post a Comment

Novo contedor de roupa no IES:

  Novo contedor de roupa no IES: Reciclar tamén é vestir con conciencia Dende o pasado mes de marzo, o IES Breamo conta cun  contenedor de r...