Tuesday, April 29, 2025

Grazas, Luís Chacón, por sementar compromiso!

Hoxe queremos compartir con toda a comunidade educativa unha nova que nos enche de ledicia e gratitude. O futbolista Luís Rodríguez Chacón, quixo colaborar co noso proxecto de voluntariado Escola Verde doando unha fotografía e unha camiseta asinada por el.

Este detalle tan especial é moito máis ca un agasallo, é unha mostra de que os valores do deporte —esforzo, solidariedade, respecto e compromiso— tamén poden medrar fóra dos campos de xogo. A camiseta e a foto de Luís serán parte das nosas accións de sensibilización e recadación para seguir promovendo o coidado do medio ambiente e a participación activa no voluntariado.

Desde o equipo de Escola Verde queremos lembrarvos que podemos poñer o noso gran de área para constrúir un mundo mellor.

Grazas, Luís, por estar do noso lado. Grazas por crer no poder da educación, da natureza e da solidariedade.


No comments:

Post a Comment

Grazas ao Racing de Ferrol e a Real Federación Española de Fútbol pola súa colaboración

  Grazas á Real Federación Española de Fútbol e ao Racing Club de Ferrol pola súa colaboración co proxecto Fíos in Action Desde o equipo de ...